Aplicacións

Pictoeduca

Proxecto educativo desenvolvido co patrocinio da Fundación Barrié, para nenos con NEE, onde pais e educadores poden subir leccións académicas adaptadas, en función das necesidades, inquietudes e estilos de ensino e aprendizaxe.

O portal dispón de multitude de recursos á disposición de todos os usuarios, e ao mesmo tempo ofrece unha ferramenta para que os usuarios creen as súas propias leccións adaptadas con diferentes compoñentes: vídeo, imaxes, pictogramas, texto, documentos adxuntos, xeración de preguntas asociadas e creación de xogos tipo Quiz.