Aplicacións

Pictosonidos

Deseñado como unha aplicación para axudar na comprensión e adquisición de vocabulario a través de locucións verbais e sons asociados.

Con pictogramas organizados por categorías (Transporte, Comida, Cociña, Animais, etc.), cada pictograma leva asociada á palabra unha locución de voz e, naqueles casos en que se dispoña de son, este sonará con anterioridade á locución, reforzando o concepto que se quere transmitir coas imaxes. Hai frases en cada unha das categorías, para mellorar a asimilación de conceptos. Os xogos tamén están habilitados para facer a experiencia máis agradable.